domingo, 29 de xuño de 2025

FIN DE CURSO 2024-2025

    Este curso chegou ao seu fin. Quedamos moi agradecidos pola grandísima capacidade de adaptación do alumnado, que, despois dun curso enteiro esperando polo pavillón, soubo facernos a nosa tarefa máis doada mantendo as ganas e a ilusión polas clases de educación física a pesar de levarse a cabo en espazos reducidos e incluso, nalgunhas ocasións, dentro das aulas.

     E, como todos os cursos, deixámosvos un recordo dalgunhas das actividades máis salientables.


CARREIRA SOLIDARIA 2025 NO PARQUE ROSALÍA




DEPORTES NÁUTICOS NO PORTO DE ARES.




CAMPO A TRAVÉS XOGADE

INTERCENTROS NA MALATA



                                      

INTERCOMARCAL NO FEAL



  
PROVINCIAL EN PORTO DO SON



TORNEOS DE TENIS DE MESA

PROVINCIAL EN ZAS



ESTE FOI O GRUPO CLASIFICADO PARA O PROVINCIAL!!!



luns, 2 de xuño de 2025

INTERNACIONALIZACIÓN

    Ao longo do curso o alumnado do 3º ciclo realizou un fermoso traballo de investigación sobre xogos populares de distintos países.  Reino Unido, Nicaragua, Venezuela, India, Rusia, Australia,... foron algúns dos lugares sobre os que investigaron ata atopar xogos nos que a puntería, estratexia, velocidade de reacción ou habilidades motrices foron fundamentais. 

    Pero dito traballo non tería sentido si non se levasen á practica os distintos xogos ou non se desen a coñecer aos demais. Así pois, ao longo de varias sesións de Educación Física, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria fixeron de mestres e mestras para ensinar todos os xogos recompilados aos compañeiros e compañeiras do 1º Ciclo de Primaria. Resultou ser unha experiencia moi enriquecedora para todos!!

    No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra deste fermoso traballo. Agardamos que vos guste tanto como a nós. 



luns, 8 de xullo de 2024

FIN DE CURSO

    Ao longo do 3º trimestre fixemos moitas actividades. Presentámosvos un resumo das máis salientables:

TORNEO INTERCOMARCAL DE TENIS DE MESA no "Pavillón de Campo da Serra" de Narón o 29 de abril.

TORNEO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA no "Pavillón polideportivo de Zas" o domingo 13 de maio.    

DEPORTES NÁUTICOS E ORIENTACIÓN POLA VILA

CHARLA E PRÁCTICA IMPARTIDA POR ENTRENADORES DO "CLUBE DE REMO DE ARES".

                           

                       

ENTREGA DE PREMIOS DOS TORNEOS FEITOS NOS RECREOS AO LONGO DO CURSO:

XADREZ









BRILÉ







BALONCESTO

                                            








Sentimos a ausencia do alumnado de 6º que estaba na excursión de fin de curso.

mércores, 26 de xuño de 2024

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NO CPI AS MIRANDAS

   O pasado mes de xuño, dende a área de Educación Física, realizamos unha carreira de orientación por equipos mixtos e internivel nos que o alumnado tivo que buscar unha serie de balizas polo patio exterior coa axuda dun mapa e realizar unha serie de retos nos que as nenas e nenos, xunto coa lingua galega e o exercicio físico, foron os protagonistas. Deste modo, houbo adiviñas, quebracabezas, un compás e unhas indicacións seguindo os puntos cardinais para buscar "tesouros", o xogo do tabú,... Foi unha boa xornada na que o alumnado disfrutou moito. Velaí deixamos unhas imaxes da actividade.

 


XIV CARREIRA SOLIDARIA

   Un ano máis, e xa van catorce, o noso colexio como Centro Embaixador de Save  The Children  organizou a XIV Carreira Quilómetros de Solidariedade.

   Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto ás familias por patrocinar coas súas aportacións esta causa, ao concello, á policía local de Ares e a protección civil.

   Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.

 

 

venres, 19 de abril de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS EN PORTO DO SON

        O pasado 12 de abril tivo lugar o CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL en Porto do Son. Esta proba lévase a cabo, como mloitas outras que facemos, dentro do programa de Deporte Escolar da Xunta (XOGADE).

        Foi un día espléndido no que máis de 600 nenos e nenas de toda a provincia congregáronse neste fermoso sitio para correr nun circuíto entre árbores e á beira do mar, onde todo estaba preparado e organizado á perfección. 

        PARABÉNS AOS CORREDOR@S E Á ORGANIZACIÓN!!!

      

    NESTE ENLACE PODEDES CONSULTAR A CLASIFICACIÓN:

mércores, 17 de abril de 2024

“ COÑECEMOS A NOSA BICICLETA E MOVÉMONOS NO NOSO ENTORNO”

       O concello de Ares ofreceu aos nenos e nenas de sexto unha actividade moi interesante cos seguintes obxectivos:

·         Coñecer as partes dunha bicicleta. Axustes e arranxos básicos.

·         Explorar o entorno máis próximo do centro escolar, desprazándonos en bicicleta.

Na sesión práctica aprenderon aspectos como engrasar unha cadea, apretar e regular freos, cambiar a cuberta ou cámara e inflado axeitado, axustar o sillín e o manillar. Tamén un repaso das normas viarias a ter en conta tales como sinalizar manobras, etc.