Amosando publicacións coa etiqueta Act. complementarias e extraescolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Act. complementarias e extraescolares. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de abril de 2024

“ COÑECEMOS A NOSA BICICLETA E MOVÉMONOS NO NOSO ENTORNO”

       O concello de Ares ofreceu aos nenos e nenas de sexto unha actividade moi interesante cos seguintes obxectivos:

·         Coñecer as partes dunha bicicleta. Axustes e arranxos básicos.

·         Explorar o entorno máis próximo do centro escolar, desprazándonos en bicicleta.

Na sesión práctica aprenderon aspectos como engrasar unha cadea, apretar e regular freos, cambiar a cuberta ou cámara e inflado axeitado, axustar o sillín e o manillar. Tamén un repaso das normas viarias a ter en conta tales como sinalizar manobras, etc. 

domingo, 29 de xaneiro de 2023

TENIS DE MESA NAS MIRANDAS!

    O alumnado de segundo e terceiro ciclo, dentro do programa Xogade da Xunta, recibirán 3 clases de tenis de mesa impartidas por Montero e Diandra, entrenadores do "Clube de tenis de mesa de Narón". 

   Na última sesión farase un torneo dentro do colexio e, posteriormente, outro intercentros.

   As crianzas vano pasar en grande! 

 






venres, 21 de outubro de 2022

DÍA DO PEÓN

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

 

Este curso, dende a área de Educación Física, queremos propoñer a conmemoración do “Día do Peón”, que se celebrará xunto co Magosto, o venres 11 de novembro.

 

Nas sesións de Psicomotricidade e de Educación Física traballaremos dende o xoves 27 de outubro ata o xoves 10 de novembro os seguintes contidos:


·  Leremos o Manifesto do “Día do Peón” e falaremos sobre este xogo   popular e as súas posibles vivencias.

·   Coñeceremos distintos tipos de peóns e a forma de bailar cada un.

·   En Infantil xogaremos con bailaretes como iniciación ao peón.

·  En Primaria xogaremos con bailaretes de madeira e peóns segundo a   destreza do alumnado.

·  A maiores, dende a primeira semana de novembro o alumnado que o  desexe poderá traer o seu peón da casa para xogar con el no recreo.

 

PROPOSTA PARA AS TITORÍAS DE INFANTIL E PRIMARIA 

 

Para preparar dita conmemoración animamos a todas as titorías que participen no desenvolvemento de contidos relacionados co Día do Peón. A continuación mostramos algunhas propostas, das cales podedes elixir as que mellor se adapten ao voso alumnado ou elaborar outras que consideres oportunas.


  • Facer bailaretes de cartón, con tapóns de plástico, con chapas,... Estes bailaretes poderán usalos despois o día que celebremos o Día do Peón.


               


  • Traer cada neno/a o seu peón de madeira da casa e decoralo no cole. (Os que aínda non teñan peón animalos a mercar un porque se poderá xogar con el en moitas máis ocasións e tamén nos vindeiros cursos).

                                 


         

  • Facer un peón estilo Origami. 

(Vídeo titorial no seguinte enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=0XGGNQlzrCs


                                        


  • Buscar refráns relacionados co Peón ou Buxaina e expoñelos pola aula ou corredores.  

       

  • Pintar un peón e sinalar as partes do mesmo.

   

 

                                 


  • Realizar algún dos seguintes xogos interactivos pinchando nas seguintes ligazóns:


  • Copiar no caderno a cantiga para bailar o peón que aparece no Manifesto e facer un debuxo dun peón ou de nenos e nenas xogando ao peón. 


O primeiro que temos que facer é coller o peón cunha man e coa outra o cordel , chamado propiamente piola. A continuación empezamos a atar ou enrolar o peón coa piola. Para iso comezamos a atalo ben no pirucho ou no ferrón, a gusto de cada un. Finalmente erguemos a man ata riba da cabeza e a de un, dous e tres, lanzámolo ao chan e a danzar ao ritmo desa canción que nos di:


Coa miña buxaina…baila,baila,baila

    E a miña piola… ola,ola,ola

      Chámanme os rapaces

    (O rei) (A raíña) da escola…


  • Ler o Manifesto do Día do Peón na aula e reflexionar sobre el e sobre a importancia dos xogos populares e as nosas tradicións.



  • Decorar peóns de distintos tamaños en folios ou cartolinas e expoñelos pola aula ou corredores.


                                                    


  • Investigar sobre posibles xogos que se poden facer co peón, expoñelos pola aula ou corredores o propoñelos para as sesións de Educación Física ou para o recreo.


                                           

PLANTILLAS PARA COLOREAR E FACER BAILARETES DE CARTÓN








DÍA DO PEÓN



PARTES DO PEÓN






 

MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN 2022


 Un home sabio dixo unha vez un día que a infancia é aquel lugar onde se acadan os soños. 


Cada vez que escoitamos esta palabra, infancia, véñennos á mente aqueles días de xogarreta cos amigos e amigas. O verán, cos seus días longos, era o tempo preferido por todos nós. Ata que a última raiola de sol non era engulida polo horizonte , alí estabamos cos xogos de sempre: a mariola, as añas de collida, hoxe chamadas o pilla, pilla; a de alto, a de agachadas, os ovos, os pelouros, a churra… moito temos suado e moito aprendido con eles. 


Mais o verán remata e comeza o outono, tempo de escola, de apañar as uvas, as castañas e as noces…mais iso non quere dicir que o tempo de xogar tamén se fora cos últimos calores de agosto e menos as gañas de seguir xogando. Os xogos tradicionais teñen os seus momentos marcados no calendario. Había xogos para todos os días do ano e en cada estación os seus. 


No outono, tempo de castañas, noces e vendimas, tamén se aproveitaba para podar árbores, derramalos e facer leña que encherá as lareiras, as cociñas ou as calefaccións e quentarán no inverno as nosas casas. Pero non todo ía ser combustible, tamén se aproveitaba para que algún carpinteiro, ebanista ou avó mañoso lle desen forma no torno ata saír un enredo que facía as delicias da rapazada. Estamos a falar da súa maxestade o peón, trompo, sevillana ou buxaina, que de moitas maneiras podemos nomear. Enredo bailador onde os haxa. 


É o refraneiro popular, ¨polo San Martiño peóns ao camiño¨, o que nos sinala o comezo da tempada deste brinquedo que vai a estar con nós ata ben comezado o inverno e será alá polo mes de xaneiro onde San Antón mandaránolo gardar no caixón, San Amaro no faiado e Santa Olalla, que non se andará con panos quentes, convídanos a que o tiremos á borralla. Mais para que este ciclo se vaia pechando antes temos que abrilo e hoxe é o día. Hoxe tócanos dar o pistoletazo de saída a esta tempada e para iso debemos facer o ritual con moita orde e moita atención. O primeiro que temos que facer é coller o peón cunha man e coa outra o cordel , chamado propiamente piola. A continuación empezamos a atar ou enrolar o peón coa piola. Para iso comezamos a atalo ben no pirucho ou no ferrón, a gusto de cada un. Finalmente erguemos a man ata riba da cabeza e a de un, dous e tres, lanzámolo ao chan e a danzar ao ritmo desa canción que nos di: 


Coa miña buxaina…baila,baila,baila 

     E a miña piola… ola,ola,ola 

        Chámanme os rapaces

                 (O rei) (A raíña) da escola…








                                                    

                               





domingo, 28 de abril de 2019

XORNADA HISTÓRICA NOS "I LUDI MUGARDENSIS"

    O xoves 11 de abril, nun precioso e solleiro día que nos brindou a deusa Ceres, celebráronse os "I Ludi Mugardensis" no exterior do Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval (Mugardos).
    
    A xornada, organizada polo concello de Mugardos, congregou a preto de 200 alumnos/as de 5º e 6º de primaria dos concellos de Ares e de Mugardos. Todos puideron competir durante a mañá en 10 probas diferentes vinculadas ao deporte romano e a xogos e exercicios físicos practicados durante a antigüidade.

    As disciplinas deportivas escollidas para esta ocasión trataron de combinar diferentes habilidades como a rapidez, a forza, a precisión, a estratexia e a intelixencia, pero en todos os casos foi fundamental para o éxito final o traballo en equipo.

I Ludi Romani from Bárbara on Vimeo.


    O noso colexio participou cos seguinte equipos: Retiarii (gladiadores da rede), Laquearii (gladiadores con corda e espada), Equites (clase equestre), Dimachaeri (gladiadores con 2 espadas), Provocatores (gladiadores con casco e 2 viseras), Ponpeyus, Iluminatis, Murmillos y La Quearii.

     Despois dunha intensa pero amistosa competición, os "I Ludi Mugardensis" clausuráronse cunha entrega de diplomas a todos os participantes feita pola concelleira de Patrimonio Histórico, Lola González, e co recoñecemento ao equipo gañador desta primeira e histórica edición. A gloria do ano 2019 correspondeu aos "Gladiator Homoplachus" do noso centro, que gañaron 9 probas das 10 posibles. O seu trunfo fainos merecedores de inaugurar e figurar no muro da fama de Caldoval.
















    Aos vencedores e vencedoras dicímoslles “Respice post te! Hominem te esse memento!” (“¡Olla tras de ti! lembra que es un home ou muller” e non un Deus nin Deusa).