domingo, 28 de abril de 2019

XORNADA HISTÓRICA NOS "I LUDI MUGARDENSIS"

    O xoves 11 de abril, nun precioso e solleiro día que nos brindou a deusa Ceres, celebráronse os "I Ludi Mugardensis" no exterior do Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval (Mugardos).
    
    A xornada, organizada polo concello de Mugardos, congregou a preto de 200 alumnos/as de 5º e 6º de primaria dos concellos de Ares e de Mugardos. Todos puideron competir durante a mañá en 10 probas diferentes vinculadas ao deporte romano e a xogos e exercicios físicos practicados durante a antigüidade.

    As disciplinas deportivas escollidas para esta ocasión trataron de combinar diferentes habilidades como a rapidez, a forza, a precisión, a estratexia e a intelixencia, pero en todos os casos foi fundamental para o éxito final o traballo en equipo.

I Ludi Romani from Bárbara on Vimeo.


    O noso colexio participou cos seguinte equipos: Retiarii (gladiadores da rede), Laquearii (gladiadores con corda e espada), Equites (clase equestre), Dimachaeri (gladiadores con 2 espadas), Provocatores (gladiadores con casco e 2 viseras), Ponpeyus, Iluminatis, Murmillos y La Quearii.

     Despois dunha intensa pero amistosa competición, os "I Ludi Mugardensis" clausuráronse cunha entrega de diplomas a todos os participantes feita pola concelleira de Patrimonio Histórico, Lola González, e co recoñecemento ao equipo gañador desta primeira e histórica edición. A gloria do ano 2019 correspondeu aos "Gladiator Homoplachus" do noso centro, que gañaron 9 probas das 10 posibles. O seu trunfo fainos merecedores de inaugurar e figurar no muro da fama de Caldoval.
















    Aos vencedores e vencedoras dicímoslles “Respice post te! Hominem te esse memento!” (“¡Olla tras de ti! lembra que es un home ou muller” e non un Deus nin Deusa).

Ningún comentario:

Publicar un comentario