luns, 11 de abril de 2016

XORNADAS DE PING-PONG

     A semana do 4 ao 8 de abril, os xogadores de ping-pong do Clube San Xoán de Ferrol estiveron connosco e fixéronnolo pasar xenial. Prepararon unhas clases moi divertidas, cheas de xogos cos que aprendimos un montón. E como xogan!!!

PING-PONG SAN XOÁN from Bárbara Sánchez Lorenzo on Vimeo.

     Tamén organizaron un torneo, o sábabo 9 de abril, no que participaron nenos e nenas dos colexios de Mugardos, Franza e Ares.
     Que emocionante!
     E aquí tedes a un dos campeóns: Luis Terradillos Molina de 3º B.     
                                               

    
     Parabéns Luis! Esperamos que sigas a participar neste tipo de actividades, e que animes tamén aos teus compañeiros e compañeiras!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario