No CPI As Mirandas de Ares organizamos a oitava edición da carreira quilómetros de solidariedade. Unha xornada na que o tempo deunos unha tregua para poder desenvolver a carreira e na que no transcurso da mesma, gardouse un minuto de silencio en repulsa polo asasinato machista da profesora Laura Luelmo.
Un ano máis, a nosa querida atleta Paula Mayobre, xa madriña de oficio, acompañounos durante toda a xornada.
Desde o noso centro queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e implicación na carreira solidaria así como agradecer a GADIS, Deportes MARVI, La Frutería de Mari, Floristería REAL, e ao Concello de Ares a súa inestimable colaboración.
Aquí deixamos os vídeos da xornada.
INFANTIL E PRIMARIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario