mércores, 5 de xuño de 2019

"IMOS AO MAR, IMOS XOGAR"

     Un ano máis as Concellarías de Deportes dos Concellos de Ares e de Mugardos, así como a Xunta de Galicia, a través do programa de Deporte Escolar promoven e fomentan a práctica da actividade física entre as poboacións de ambos concellos, nomeadamente nos deportes náuticos , pois sendo concellos costeiros parécenos moi acaído.
     Trátase dun programa, en coordinación cos centros educativos de Ares e de Mugardos, a través dos seus departamentos de Educación Física, así como a participación de entidades deportivas locais, empregando as instalacións deportivas municipais e das sociedades, así como a costa aresá.
     Deste xeito achegaremos aos nenos/as aos deportes náuticos con propostas tan interesantes como padelsurf, windsurf, vela lixeira, kaiak, remo, e coma novidade, o snorkel para secundaria.

QUINTOS
 

SEXTOS


 Sexto al agua!! from MARINA SÁNCHEZ on Vimeo.

 
 E para que non vos esquezades de como se fai o "AS DE GUÍA" aquí vos deixo este vídeo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario