luns, 8 de xuño de 2020

E ATA AQUÍ CHEGAMOS!

Boas a todas e a todos!

Como prometín, déixovos a montaxe cos vídeos que me mandastes do reto "sobre rodas". Espero que vos guste!

Este foi o último reto, así que nos despedimos ata o curso que vén (para calquera cousa que precisedes tedes o meu correo).

Espero que os retos vos serviran para pasar mellor a cuarentena. Para min foi moi divertido ver os vosos vídeos cada semana.

Espero tamén que pasedes un verán estupendo e que poidamos volver ao cole con certa normalidade o curso que vén.

Unha aperta moi grande para tod@s. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario