mércores, 6 de novembro de 2019

COMEZAN OS RECREOS ACTIVOS!!!

    Xa está en marcha o torneo brilé, con equipos de "conto".
Hoxe xogan "O coelliño branco" e "O libro da selva".


    Comezaron tamén as clases de xadrez. Serán os xoves na biblioteca, cuns profes moi especiais... o alumnado que sabe xogar ensinará aos que non saben, así divertímonos e participamos todos e todas.

    Durante os recreos, tamén haberá voluntarios/as do 3º ciclo que ensinarán aos/as do 1º a xogar aos xogos pintados no chan. Para iso disporán dunha caixa con todo o material necesario (ruleta para o "twister", castañas para a "Letra Delta", chapas para os circuítos e o fútbol chapas, etc).

    E por orden estricto de anotación tamén poderedes xogar ao Xadrez Xigante. ANIMÁDEVOS!


    Por último recordarvos que o material hai que tratalo con responsabilidade, se o rompedes por un mal uso teredes que repoñelo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario