venres, 27 de marzo de 2020

MANTÉMONOS EN FORMA DENDE CASA!

CONSELLOS PARA O CONFINAMENTO

EDUCACIÓN FÍSICA:
Dende a área de Educación Física aportamos unhas suxerencias que poidan servir para que, a pesar do confinamento nas nosas vivendas e da conseguinte falta de espazo, teñamos un día a día o máis activo posible. A  actividade física vai repercutir positivamente no estado de ánimo  dos nenos e nenas ( e de toda a familia) e facer que soporten de mellor maneira esta situación coa que estamos aprendendo a convivir. Non son deberes! ...só uns consellos para manterse “ en forma” e divertirse en familia. Cada quen o adaptará ao espazo do que dispoña na súa vivenda, os que teñan unha terraciña ou un pedazo de campo...pois que sorte!

RUTINAS:
- Cada día podemos facer un pequeno circuíto de axilidade e forza. Por exemplo: 30 segundos de actividade e 1 minuto de descanso. Podedes variar os tempos en función do voso estado de forma. Poden ser abdominais, flexións de brazos, saltos con xeonllos arriba, subir e baixar un escalón alternando as pernas….podedes atopar moitos exemplos en internet.
- Ioga ou estiramentos en familia: atoparedes moitos exemplos guiados en Youtube.
- Vídeos explicativos e guiados de Aerobic, Zumba, Bailes de salón….

 XOGOS:
- Enredos ou Twister: se non o temos podemos construílo con papeis de cores e celo.
- Dar a volta á tortilla (os nenos/as xa saben)
- Palmadas  (velocidade de mans)
- Pelexa de galos (en cuclillas empurrando coas palmas das mans)
- A comba
- Xadrez (Todos os nenos/as saben)
- Mariola, Rayuela (a chapa)
- A Oca da E.F. en casa. (pinchade na imaxen)

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/la-oca-de-la-educacion-fisica-en-casa.html

 ALIMENTACIÓN:
Como o gasto de calorías nestes días vai ser moito menor, deberíamos inxerir alimentos baixos en carbohidratos e graxas, e ricos en vitaminas, fibra, proteínas…
É dicir, outro problema máis cos nenos/as, porque o que máis lles gusta (pasta, patacas, pizza, chuches, arroz…) é o que menos debemos comer agora, porque todo o que non gastemos coa actividade diaria váisenos transformar en graxas. De todas maneiras, estando como está o tema de ir á compra, comeremos o que poidamos.

Moito ánimo! e mantede o corpo e a mente sempre activa!
Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario