luns, 30 de marzo de 2020

SEGUIMOS EN FORMA!

IMOS INTENTAR CONTINUAR COA PROGRAMACIÓN DENDE CASA
A progresión sería a seguinte: deportes alternativos, xogos do mundo e xogos populares e tradicionais de Galicia, orientación e, por último, expresión corporal.
Imos alá!:

DEPORTES ALTERNATIVOS: temos pendente o Kin-ball. Os de 6º xa o coñecen, pero o resto dos cursos non. A ver se á volta xogamos un par de partidos!

O KIN-BALL destaca polos valores que implica: cooperación, traballo en equipo, participación, integración e igualdade entre todos os participantes (os 4 membros do equipo son indispensables en cada xogada, evitando os individualismos); non está permitido o contacto físico nin a violencia verbal; coeducación e igualdade de xénero (os equipos son mixtos); o sistema de puntuación asegura que tod@s puntúen, xa que se un comete falta os outros puntuarán e, ademais, para asegurar un xogo equilibrado á hora de atacar hai que ter en conta a puntuación dos outros equipos, evitando así abusos; prima o xogo limpo e a deportividade (puntúa):

Nº de avisos
durante o xogo
Puntos totales de espíritu deportivo
0
1
2
3
4
5
4
1
0
0
  
Aquí vos deixo uns vídeos explicativos: 



Máis vídeos explicativos (menos teóricos):  Asociación Española de Kin-Ball, Kin-ball Madrid.
Xogadas de PARTIDOS OFICIAIS: World Cup 2015, World Cup 2017, Campeonato de Bélgica 2015.

MALABARES: Estamos nun momento perfecto para practicar malabares. No seguinte vídeo atoparedes un montón de exercicios progresivos para ir aprendendo pouco a pouco. Tamén vos explican como elaborar as vosas propias pelotas de malabares con globos e arroz. Un bo rato de entretemento. Ánimo!!!

Pinchade aquí: ENSAIMADA MALABAR
                        CONSTRUCIÓN DE PELOTAS

XOGOS DO MUNDO: cada ano ensínovos xogos novos de distintas partes do mundo. Pois ben, este curso propóñovos que mos ensinedes vós a min. Buscade, que en internet hai un montón, xogade se o espazo volo permite e, cando volvamos, xogamos todos xuntos!

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE GALICIA: Neste caso, téñense que implicar as vosas familias. Preguntade á que xogaban na súa infancia. Os vosos avós e avoas seguro que saben xogos que vós non coñecedes, e seguro que estarán encantados de ensinárvolos. Se non tedes contacto directo con eles, sempre podedes chamalos por teléfono, un rato de charla sempre vén ben!
      Tamén vos animo a que practiquedes os xogos que xa coñecedes: a goma (igual os vosos familiares sorpréndenvos recordando como xogaban eles), a comba, as bólas, o trompo, os zancos (pódense fabricar na casa con latas e cordas, a mariola, fútbol chapas (podemos montar un campo no corredor fácilmente), as tabas (eu xogo moito a este), etc.

        Sería perfecto que grabarades vídeos poñendo en práctica todos este xogos. Os que se animen a facelo poden mandarmos a este correo electrónico: barbarasanchez@cpiares.com. Tamén sería unha boa idea compartir estes vídeos cos demais compañeiros/as, así que cando os mandedes poñede se me autorizades ou non a publicalos neste mesmo blog. Preparados?

ORIENTACIÓN: para facer orientación na casa só se ocorre dicirvos que intentedes facer un plano da mesma, onde tedes que poñer as suficientes referencias para que o plano se poida orientar e localizar as distintas dependencias. Unha vez feito isto, tedes que colocar 5 pistas dunha cor e 5 doutra no plano e logo agochar os papéis correspondentes a cada pista numerados coa súa cor. Esta é a parte na que vos toca traballar a vós, na seguinte toca divertirse vendo correr aos demais. Primeiro dádeslle o plano a unha persoa da vosa familia e cronometrades o tempo que tarda en atopar as 5 pistas da cor que lle tocara. Despois tócalle a outra persoa. Quen o completará antes? Que empece o xogo!!!

NOTA: pedídelles que fagan eles outro xogo de pistas para vós.

EXPRESIÓN CORPORAL: o 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro. Na clase de 2º a profe animou aos seus alumnos/as a escribir un guión e a representalo en familia. Algúns pasámolo pipa facéndoo, así que vos invito a que probedes!  Se non se anima ninguén a facelo con vós, sempre podedes probar cun monólogo.
       Outros xogos que podedes facer, especialmente se tedes irmáns, son xogos de representación de persoaxes, obxectos, o xogo das películas ou dos contos...
        Para os máis maiores a idea é que fagades unha coreografía. No pavillón ensínovos os pasos de aeróbic e as figuras de acrosport para que montedes as vosas coreografías. Agora sodes vós os que tedes que buscar os distintos elementos de xeito libre: zumba, bailes de salón, aeróbic, bodycombat.

          De todo isto non poden faltar os vídeos, que xa sabedes a onde mandar.

ESPERO QUE TODAS ESTAS ACTIVIDADES FÁGANVOS MÁIS LEVADEIRO O CONFINAMENTO.

UNHA APERTA ENORME PARA TODOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario