domingo, 17 de maio de 2020

RETO DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días a tod@s!
Esta semana, para celebrar o Día das Letras Galegas, propóñovos un reto de preguntas e respostas sobre os Xogos Populares e Tradicionais de Galicia. 

CONSELLOS PARA XOGAR:

Tedes pouco tempo para contestar, e canto antes o fagades máis puntúan as respostas correctas, así que tedes que ser rápidos e, se algunha pregunta non a tedes clara, teredes que guiarvos pola vosa intuición ou facer o xogo coa axuda de alguén.

Pinchando na foto entrades directamente no xogo e, se vos piden un PIN tedes que poñer o seguinte: 02079748.

A partida remata o 31 de maio ás 11:00 pm.

Para xogar, tedes que poñer un nome: poñede o voso e curso no que estades, así podo seguirvos, vale?

Se tedes algún problema ou o xogo non funciona dicídemo, tedes o meu correo (barbarasanchez@cpiares.com) ou a través de E-Dixgal.
 
Espero que vos resulte divertido e que vos permita descubrir todo o que sabedes sobre os nosos xogos!

Estades preparados?

PINCHADE NA FOTO

https://kahoot.it/challenge/02079748?challenge-id=d274769f-d35f-4171-b2e6-f8f40760af49_1589753102166

 
E, como este xogo nos vos vai roubar demasiado tempo, quería retomar unha das actividades que xa  puxen no blog anteriormente. Trátase de investigar e de expoñer. Xa sei que á maioría ambas cousas vanvos dar máis pereza que o xogo, pero forman parte da área de E.F., así que non todo vai ser xogar!

Gustariame que buscarades un xogo popular de calquera parte do mundo que vos guste especialmente, por divertido, orixinal, raro, musical, etc. Se serve para xogar na casa durante o confinamento mellor, pois a idea é facer unha montaxe con todos os vídeos que me mandedes e subila ao blog para compartila con tod@s.
Se algún familiar coñece algún xogo de Galicia que pensedes que non é moi coñecido, tamén podedes mandarmo. Iso sí, trátase de que vos esforcedes na exposión, explicando todo moi ben, con voz alta e clara e con calma. 
Para o próximo curso facémolos no pavillón!!!

Veña, animádevos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario