luns, 25 de maio de 2020

A OCA DOS RETOS

Ola rapaces/as!
Para esta semana atopei unha oca moi chula con gran de variedade de retos, todos eles bastante asequibles e divertidos. Tedes as instrucións na mesma oca moi clariñas, pero basicamente consiste en tirar o dado e arrastrar as fichas; colocando o cursor en cada casiña vedes o reto que toca e dándolle ao ollo vedes o vídeo correspondente; se superades un reto quedades nesa casiña e tócalle o turno ao seguite e se non o superades volvedes á casiña anterior; gaña o primeiro/a que chegue á casiña 25 e supere o reto que lle poña o xogador/a da súa dereita escolléndoo entre os que este ten superados.

Ao final da partida tedes que elixir os 2 ou 3 retos que máis vos gustaran e mandarme os vídeos (non é obrigatorio, pero xa sabedes que me encanta vervos! e é única forma que teño de saber que seguides o blog).

Se non tedes con quen xogar, non vos apetece ou non vos deixan (en moitos retos hai que usar rollos de papel hixiénico, aínda que polo chan só hai un reto e cun rollo nada máis) elixide os retos e facede só o dos vídeos.

Veña, a superarse!!!


Estes son os retos que elixin eu:

Ningún comentario:

Publicar un comentario