luns, 1 de xuño de 2020

QUE TODO VAIA SOBRE RODAS!

Esta semana estamos na fase 2 do proceso de desconfinamento. Se todo vai ben, pronto pasaremos á fase 3.
Xa podemos ir saíndo da casa, sempre con coidadiño e respectando as normas, e facer algunha actividade deportiva ao aire libre.
Así que imos aproveitar para darlle movemento ao reto desta semana!
Consiste en poñerse sobre algún xogo/xoguete/vehículo que non sexa de motor e desprazarnos sobre rodas. tedes que grabar un vídeo de entre 5 e 10 segundos, e mandarmo ao correo de sempre barbarasanchez@cpiares.com. 
Con todos os que reciba montarei unha película optimista ...para que todo vaia sobre rodas!
Tedes de prazo ata o domingo 7 de xuño ás 22:00, que logo póñome a montar e xa non hai marcha atrás.
Ánimo!



E TEMOS UNHA NOVIDADE!

David López, de 4º B, mándanos o seguinte RETO:



Moitas gracias pola proposta, David!

Eu aceptei o reto:

Ningún comentario:

Publicar un comentario